mariagrep & Mundo Prestigio
>
Mondo Club – Vigo
15 de maio de 2026 · Venres > 21:00 h
A artista compostelá e o grupo vigués fúndense en «Voy a pensar en ti”, e presentarán en Vigo un EP conxunto no que alumbran o groove do novo pop.
O vindeiro 15 de maio de 2026, o Mondo Club acollerá un dos directos máis especiais da tempada coa actuación conxunta de mariagrep y Mundo Prestigio, dentro do ciclo Intermodal.
A artista compostelá e o grupo vigués presentan sobre o escenario o seu primeiro traballo conxunto, o EP “Voy a pensar en ti”, un proxecto que nace de anos de afinidade artística e colaboracións previas, e que agora cristaliza nunha proposta compartida onde ambas identidades se funden nunha soa.
Este traballo supón un exercicio de sinestesia sonora no que conflúen os seus universos creativos, dando lugar a un son propio dentro da escena alternativa estatal. O EP móvese entre o groove do novo pop e unha estética que dialoga con referencias como Clairo, Men I Trust ou Khruangbin, transitando entre a sensualidade da canción melódica dos anos 70 e unha psicodelia suave e envolvente.
A unión de mariagrep y Mundo Prestigio non é casual: ambos proxectos xa cruzaran camiños en temas como “Cogollito” ou “Superbuena”, anticipando unha conexión artística que agora se formaliza neste lanzamento e nunha xira que percorrerá distintas cidades ao longo de 2026.
O directo en Vigo será unha oportunidade única para experimentar en vivo esta proposta híbrida, onde a atmosfera, o groove e a complicidade escénica fan resoar ecos e influencias que nos poden levar polos camiños de Clairo, Men I Trust, Elia y Elizabeth, Faye Webster, Susana Estrada ou Khruangbin, entre outros, construíndo unha experiencia sonora singular.
Ademais, o EP verá a luz nunha edición limitada en vinilo de 10”, dispoñible en concertos e tendas especializadas, reforzando o carácter especial deste lanzamento.
Data: 15 de maio de 2026
Cidade: Vigo
Ciclo: Intermodal
Sala: Mondo Club